-
É unha narración oral para nenos e nenas de 3 a 12 anos de 40 minutos de duración que trata sobre a igualdade e a violencia de xénero
Hoxe ás 18 horas terá lugar na biblioteca municipal “Varela Jácome” a actividade “Os contos do avó, mulleres galegas”, actividade de dinamización lectora coa que se conmemora o Día da Biblioteca e que pechará este ciclo de actividades que se veñen desenvolvendo desde o pasado mes de maio ao abeiro do programa “Ler conta moito en Lalín”.
“Os contos do avó, mulleres galegas” é unha narración oral para nenos e nenas de 3 a 12 anos e 40 minutos de duración que trata sobre a igualdade e a violencia de xénero.
O obxectivo do programa “Ler conta moito en Lalín”, promovido pola Xunta e polo Concello, é animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas que faciliten o achegamento da veciñanza á biblioteca municipal.