-
Tomaron parte no encontro o alcalde, a tenente alcalde e a concelleira de Política Sociais
-
Trece asociacións resultaron beneficiarias das axudas deste ano por un importe de 6.000 euros destinadas á realización do seu programa de actividades
O alcalde de Lalín, José Crespo; a tenente alcalde, Paz Pérez, e a concelleira de Política Social, Carmen Canda, mantiveron este mediodía un encontro coas representantes das distintas asociacións de mulleres, a modo de conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais, no que tamén lle comunicaron as axudas deste ano das que foron beneficiarias e que serán destinadas á realización do seu programa de actividades.
A concelleira de Política Social explicoulles ás asistentes ao acto “que dado que estes días se celebrou o Día Internacional das Mulleres Rurais, e todas vivides no rural, quixemos organizar esta xuntanza para comunicarvos as axudas que levades este ano e tamén para agradecervos o labor divulgativo que facedes coa veciñanza”. Trasladoulles así mesmo que desde o goberno “seguiremos apoiando este tipo de iniciativas”, mensaxe na que incidiu o rexedor, José Crespo, que lles avanzou a posibilidade de que estuden a realización de concentración de actividades nas áreas parroquiais, como xeito de poder chegar ao maior número de veciños, de acordo ao proxecto piloto que se enmarcada na Axenda Urbana do Concello de Lalín. Tanto Carmen Canda como Paz Pérez, responsable da Axenda Urbana, brindáronlle ás asociacións de mulleres apoio para explicarlles o funcionamento das áreas parroquias.
En total distribuíronse un total de 6.000 euros das que resultaron beneficiarias un total de 13 asociacións, coa seguinte distribución:
Asociación | Importe concedido
| Curso solicitado |
Asoc. Familias e Mulleres rurais Deza
| 495,56 € | Curso de macramé |
Asoc. Mulleres de Gresande
| 495,56 € | Curso de ximnasia de mantemento |
Asoc. Mulleres en Igualdade de Donsión
| 420,75 € | Curso de ximnasia de mantemento |
Asoc. Mulleres en Igualdade de Cercio
| 450,00 € | Curso de medicina natural |
Asoc. Mulleres en Igualdade de Madriñán
| 458,20 € | Curso de memoria |
Asoc. Mulleres en Igualdade de Busto
| 374,00 € | Curso de reciclaxe |
Asoc. Mulleres en Igualdade de Santiso
| 439,45 € | Curso de ximnasia de mantemento |
Asoc. Mulleres en Igualdade de Soutolongo
| 450,00 € |
Curso de horta ecolóxica |
Asoc. Pandereteiras Ponte da Prata
| 450,00 € | Curso de pilates |
Asoc. Mulleres en Igualdade de Prado
| 420,75 € | Curso de ximnasia de mantemento |
Asoc. Mulleres Palilleiras de Lalín
| 392,70 € | Curso de bolillos |
Asoc. Mulleres en Igualdade de Donramiro
| 500,00 € | Curso de ximnasia de mantemento |
Asoc.. Mulleres en Igualdade de Camposancos | 402,05 € | Curso o deporte é para todos |