-
Carmen Canda remarca a importancia de fomentar os hábitos saudables e o envellecemento activo
A concelleira de Política Social, Carmen Canda, anuncia que o vindeiro luns, 18 de outubro, dará comezo a actividade de musicoterapia para maiores de 60 anos, que se desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade para o financiamento do Programa de Respiro Familiar “Lalín Activa” para o exercicio 2024 e que ten como finalidade crear espazos de esparexemento dirixidos a persoas maiores de 60 co fin de promover un envellecemento saudable. Haberá 3 grupos, de 22 persoas cada un, en horario de 15:30 a 16:15, de 16:30 a 17:15 e de 17:30 a 18:15 todos os luns e mércores no Lalín Arena.
Con esta actividade preténdese axudar a envellecer de forma máis activa, mellora a saúde da nosa poboación e é un espazo que nace como instrumento normalizador e facilitador da activación social, mediante o deseño de actuacións orientadas a desenvolver habilidades sociais e socialización, aprendizaxe das técnicas levadas a cabo nas aulas para logo poder levar eses aprendizaxes ás nosas casas, fomenta a saúde, a autonomía persoal e a independencia das persoas maiores entre outras cousas. Ademais, procura permitir ás persoas espremer todo o potencial físico, mental e social ao máximo durante a súa vida.
A pesar dos numerosos beneficios que ten a musicoterapia para a saúde da poboación, tamén hai que ter en conta a multitude de beneficios sociais que conleva. A inclusión das persoas maiores na sociedade, a creación dun espazo de ocio e tempo libre, avaliación continua das melloras ou mantementos da saúde, a procura da erradicación da xerontofobia, etc. son fenómenos a ter en conta nestes tempos de avances e aumento da esperanza de vida da nosa poboación.
Fomenta, tamén, establecemento de rutinas, favorecendo o ocio e as relacións interpersoais, creación de bos hábitos de exercicio físico e correctas mobilizacións, aumentando ou mantendo as capacidades das persoas usuarias, fomentando a autosuficiencia e a autoestima.