A DELEGACIÓN LALINENSE QUE TOMA PARTE EN ESCALDES NOS ACTOS DO 20 IRMANDAMENTO PARTICIPARON ESTA MAÑÁ NUNHA RECEPCIÓN NO COMÚ ESCALDES-ENGORDANY
A delegación lalinense encabezada pola tenente alcalde Paz Perez que está a participar en Escaldes nos actos do 20 aniversario do irmandamento xa se atopa desde onte en terras andorranas. Esta mañá participou nunha recepción no Comú Escaldes-Engordany co cónsul menor, Quim Dolsa; coa concelleira de Acción Social e Recursos Humanos, Magda Mata Font; coa concelleira de Infancia, María Carriço de Macedo, e coa concelleira Anna García.
Tras a recepción a delegación lalinense visitou a igrexa de San Jaume Fonte de Augas Quentes de Escaldes e o centro de arte contemporánea Espai Caldes. Pola tarde tomarán parte nunha visita ao museo Thyssen e presenciarán unha actuación de baile tradicional.
Galería imaxes