-
A concelleira de Emprego remarca que este servizo é clave para a inserción laboral e o crecemento profesional, facilitando a mellora de empregabilidade das persoas demandates
-
O servizo conta con perfil e páxina de Facebook propios onde se publican as ofertas de emprego, información sobre axudas, orientación xeral na busca de emprego,... e ademais tamén se publica semanalmente un boletín propio de ofertas de emprego da comarca e de empresas de concellos limítrofes que contactan con este servizo. No actual exercicio realizáronse 48 boletíns cun total de 890 ofertas
-
Desde que se puxo en marcha hai tres anos ata hoxe o Servizo Público de Emprego de Galicia citou e redireccionou ao servizo de orientación laboral do Concello un total de 3.089 persoas demandantes de emprego”.
O servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lalín atendeu no que vai de ano 2024, nestes primeiros tres trimestres, un total de 810 persoas demandantes que foron citadas ou direccionadas por parte da oficina de emprego, das que 617 asistiron á cita de atención persoal (algo máis do 76%), vía telefónica o presencial, e as restantes 193 non acudiron por estar traballando ou non darse localizado (preto do 24%). Así o sinala a concelleira de Emprego, Beatriz Canda Rodríguez, que indica que “este servizo é clave para a inserción laboral e o crecemento profesional, facilitando a mellora da empregabilidade e da calidade de vida das persoas demandantes”.
Canda subliña que “está deseñado para guiar ao demandante na identificación do camiño que mellor se adapte ás súas habilidades e necesidades, permitindo que afronten o mercado laboral de forma efectiva e exitosa”. “Buscamos favorecer un entorno laboral inclusivo e colaborativo ao tempo que contribuír ao empoderamento das persoas demandantes”, remarca.
A responsable municipal indica que “nestes primeiros nove meses de ano, en seis se rexistraron un número de persoas demandantes por riba do centenar e a media mensual de atencións sitúase en 90”.
Ano 2024/Mes | Demandantes citados/redireccionados | Acudiron | Non acudiron |
Xaneiro | 108 | 88 | 20 |
Febreiro | 80 | 57 | 23 |
Marzo | 91 | 66 | 25 |
Abril | 127 | 111 | 16 |
Maio | 119 | 98 | 21 |
Xuño | 101 | 77 | 24 |
Xullo | 82 | 64 | 18 |
Agosto | Período vacacional | ||
Setembro | 102 | 56 | 46 |
Total | 810 | 617 | 193 |
Así mesmo Canda Rodríguez remarca que “desde que comezou o servizo hai tres anos ata hoxe o Servizo Público de Emprego de Galicia citou e redireccionou ao servizo de orientación laboral do Concello un total de 3.089 persoas demandantes de emprego”.
Ano | Demandantes citados/redireccionados | Acudiron | Non acudiron |
Desde outubro 2021 ata outubro 2022 | 826 | 684 | 142 |
Desde outubro de 2022 ata outubro 2023 | 1276 | 1005 | 271 |
Desde outubro de 2023 ata setembro de 2024 | 987 | 755 | 232 |
Total | 3089 | 2444 | 645 |
Presenza en redes
Beatriz Canda tamén fai fincapé en que “con autorización previa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración creouse un perfil e unha páxina de Facebook do servizo de orientación laboral onde se publican ofertas de emprego, información sobre axudas, orientación xeral na busca de emprego, boletíns de ofertas de traballo doutras entidades... e ademais publícase semanalmente o noso propio boletín de ofertas de emprego -da comarca e de empresas de concellos limítrofes que contactan co noso servizo-”. “Así neste exercicio que comezou a finais de outubro de 2023 realizáronse 48 boletíns cun total de 890 ofertas”, concreta.
“A maiores, este servizo atende a toda persoa demandante que entra pola porta de xeito libre e así mesmo colabora co departamento municipal de Política Social e tamén co CIM”, puntualiza. “En total atendéronse neste exercicio actual a 218 persoas ofrecendo asesoramento e recursos que lles permitan atopar oportunidades laborais”, conclúe.
Enlace perfil: https://www.facebook.com/profile.php?id=100075826926894
Enlace páxina: https://www.facebook.com/profile.php?id=100075794844070
Explorar as súas habilidades e intereses
O servizo de orientación laboral que ofrece o Concello de Lalín é unha iniciativa que contribúe á mellora da situación ocupacional na comarca. Ao proporcionar apoio personalizado, os/as demandantes de emprego teñen a oportunidade de explorar as súas habilidades e intereses, o que lles permite deseñar un plan de acción acorde aos seus obxectivos profesionais.
A través de información e asesoramento, os/as demandantes poden aprender a crear currículos atractivos, prepararse para entrevistas e a utilizar recursos en liña para buscar emprego. Ademais, este servizo non só beneficia aos individuos que buscan traballo, senón que tamén favorece o desenvolvemento económico da comarca ao fomentar a empregabilidade e a competitividade.
A combinación de orientación personalizada e ferramentas prácticas son claves para empoderar aos/ás demandantes e axudalos a afrontar os retos do mercado laboral actual. As funcións propias do noso servizo de orientación laboral xoga un papel crucial no apoio a aqueles que buscan empregar as súas habilidades e competencias de forma eficaz no mercado laboral:
1. Avaliación de competencias: esta función nos permite identificar as habilidades e aptitudes dos demandantes, axudándoos a entender mellor as áreas nas que destacan e as que necesitan desenvolver. Isto é esencial para orientalos cara a ocupacións que se axusten ao seu perfil.
2. Asesoramento na elaboración do currículo e preparación de entrevistas: o currículo é a carta de presentación da persoa demandante ante os empregadores. A esta función inclúese a creación dun currículo atractivo e a preparación para entrevistas, o que pode marcar a diferencia na busca de emprego.
3. Información sobre o mercado laboral: proporcionar datos actualizados sobre as tendentes do mercado laboral na nosa Comarca e concellos limítrofes e as oportunidades de emprego é fundamental para que os usuarios poidan tomar decisións informadas sobre a súa carreira.
4. Programas de orientación laboral personalizada: a oferta de programas que se adapten ás necesidades específicas de cada usuario permite un enfoque máis efectivo e centrado no usuario, aumentando así as posibilidades de éxito na inserción laboral.
5. Colaboración con empresas: a creación de alianzas con empresas e entidades facilita a inserción laboral dos usuarios, creando canles directas para acceder a oportunidades de emprego.
Estas funcións contribúen de forma significativa ao empoderamento dos demandantes na busca de emprego e ao seu desenvolvemento profesional.