-
A concelleira de Cultura agradece enormemente ao artista a doazón desta “magnífica peza, unha das máis representativas da súa última exposición”. Un agradecemento que o alcalde lle trasladou persoalmente e publicamente ao escultor ourensán na inauguración da exposición “Wily, sempre Wily”
A “Peregrina de Deza”, obra doada por Acisclo Manzano ao Concello de Lalín loce no vestíbulo do Castro Tecnolóxico tras ser trasladada desde o Museo Municipal, onde estivo exposta conformando parte da mostra <Camiñantes pola Vía da Prata a Santiago de Compostela>.
O referente escultor cedeu recentemente ao Concello esta escultura de grandes dimensións, xesto polo que o alcalde de Lalín lle deu as grazas, persoalmente e publicamente, a Acisclo durante o acto inaugural da exposición “Wily, sempre Wily” á que asistiu o artista ourensán. Un agradecemento que hoxe lle reiterou ao artista a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, pola doazón desta “magnífica peza, unha das máis representativas da súa última exposición”. Acisclo Manzano desprazou hoxe expresamente para ver como quedara a instalación de “Peregrina de Deza”