AS “MALETAS VIAXEIRAS” CHEGAN Á ESCOLA DE DONRAMIRO E SEGUIRÁN PERCORRENDO OS COLEXIOS LALINENSES EN OUTUBRO E NOVEMBRO
A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, vén de facer entrega das “Maletas Viaxeiras” á Escola de Educación Infantil de Donramiro. Durante os meses de outubro e novembro irán rotando polos distintos colexios.
Trátase dunha actividade de dinamización lectora e fomento deste hábito entre o alumnado. A maleta abrangue unha selección de materiais claves á hora de abordar as aprendizaxes en materia de lectura. O préstamo deste proxecto de libros itinerantes é gratuíto e está dispoñible para todos os centros educativos.
Galería imaxes