-
A sesión inicial versará sobre a conciencia emocional “Entendendo o que me pasa” a cargo da psicóloga de Ategal, Belinda López Cortés, mestrada en Psicoxerontoloxía e Psicoloxía xeral sanitaria
O próximo xoves día 10 de outubro comezará o taller de benestar emocional “Coñecendo as emocións” impartidos por Ategal de xeito gratuíto ao Concello de Lalín. Os talleres desenvolveranse en horario de 11:00 a 13:00 no Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Lalín. A programación prevista dos talleres é:
-
Sesión 1: “Entendo o que me pasa”, na que se pretende favorecer a reflexión sobre a importancia das emocións no día a día, coñecemento sobre as mesmas e a consciencia sobre o propio estado emocional.
-
Sesión 2: “De onde veñen as emocións”, na que se tratará de entender a relación entre as emocións, o ambiente e os comportamentos ou reaccións.
-
Sesión 3: “Enténdome, logo existo”, procurando comprender as emocións que experimentamos, o seu significado e como soemos reaccionar ante determinadas situacións ou estímulos.
-
Sesión 4: “Os/as demais tamén se emocionan”, onde se aprenderán a entender os puntos de vista das demais persoas, comprender as súas emocións e os seus motivos, así como as súas reaccións.
-
Sesión 5: “Dicir ou non dicir, he aí a cuestión”, baseada en aprender as habilidades para expresar correctamente os nosos sentimentos e as necesidades asociadas aos mesmos.
-
Sesión 6: “Re(aprendendo que é xerundio”, que terá como finalidade de adquirir novas estratexias adaptativas para regular as nosa emocións en función de cada persoa.
-
Sesión 7: “Unha de emocións positivas... Marchando!”, onde se tocarán temas relacionados coas diferentes formas de mellorar o noso estado emocional no día a día, ademais de fomentar a consciencia sobre a cantidade de emocións positivas que experimentamos de maneira diaria.
-
Sesión 8: “Menos é máis”, na que se pretenderá proporcionar estratexias e ferramentas para axudar ás persoas a regular as súas emocións cando estas con negativas ou desagradables.
-
Sesión 9: “Desrizando o rizo”, unha extensión da anterior, onde tamén se pretende proporcionar estratexias e ferramentas para axudar as emocións complexas.
-
Sesión 10: “Con máis ferramentas na miña mochila”, onde se tratarán algunhas cualidades das persoas que poidan axudar a aumentar o benestar, como o optimismo e a resiliencia.
-
Sesión 11: “Ferramentas que nos manteñen unidos/as”, onde se tratarán outras cualidades como é o sentido do humor, a asertividade e a empatía.
-
Sesión 12: “Porque eu o valgo”, sendo a última do programa, onde se recordará o valor de cada un como persoa e a importancia dos proxectos vitais.