A cativada lalinense poderá desfrutar destas actividades, todas gratuítas, o domingo 22 desde as 18 ata as 22.30 h e o luns 23 en horario de 17 a 22 h
O concelleiro de Festas, José Cuñarro, indica que “despois de que os feirantes deixaran sen atraccións aos nenos lalinenses, desde o goberno activamos unha alternativa para que que os rapaces non queden sen festas”
O concelleiro de Festas, José Cuñarro, anuncia que “despois de que os feirantes deixasen sen atraccións aos nenos lalinenses e estivesen xogando coas súas ilusións ata o último momento, desde o goberno activamos unha alternativa para que os rapaces non queden sen festa e teñan actividades propias para eles”.
Neste sentido o edil avanza que “así mañá domingo 22 e o luns, día 23, celebraranse os <Días do Neno>, xornadas nas que a cativada lalinense poderá desfrutar de actividades variadas, todas gratuítas, como inchables, xogos, personaxes infantís e actuacións para público familiar na Praza da Igrexa, na rúa Joaquín Loriga e na carpa da Praza da Vila. O domingo 22 o horario en que estará habilitada esta programación de actividades, completamente de balde, para a cativada será desde as 18 a 22.30 h e o luns 23 desde as 17 as 22 h.
Entre as actividades que se ofrecerán nestas dúas xornadas para a cativada atópanse algunhas novidosas e especialmente chamativas como a pista americana de 40 metros rematada en trampolín humano ou o unicornio mecánico. Haberá tamén varredora eliminator, xogo do twister, parede interactiva do Oeste e catro inchables, tres para os máis pequenos e un para rapaces de máis idade, seis de postos de feira con quince xogos e diferentes actividades entre as que destaca a presenza de diferentes mascotas infantís que pasearán polas rúas e animar o ambiente.
Dentro deste dous “Días do Neno” a Concellería de Cultura promove unha actuación infantil para mañá, domingo 22, ás 18.00 na carpa da Praza da Vila. Trátase de “A illa sen tesouro” da compañía Ghazafelhos, unha proposta de teatro de rúa para público familiar. Apoiada nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nunha cova e nun valado, Ghazafelhos reinterpreta coa participación do público unha aventura de piratas que combina música, bailes e humor.