- Os concelleiros de Educación e de Obras visitaron esta actuación que o goberno acomete a través dun convenio coa Xunta de Galicia
Os concelleiros de Educación e de Obras, Begoña Blanco e José Cuñarro, respectivamente, veñen de comprobar o estado da actuación que se está a acometer no Auditorio Municipal co obxectivo de erradicar as filtracións do edificio. Unha actuación cun importe de 40.484,93 € que o goberno municipal executa a través dun convenio coa Xunta de Galicia e que se iniciou pola reposición do tellado aproveitando a boa climatoloxía.
Ademais, tamén se intervirá nas zonas máis afectadas, tanto nos corredores como nas aulas e tamén na entrada do Salón Teatro, a fin de eliminar humidades. Así mesmo tamén se reparará o solo, as paredes de pladur así como as saídas de auga no tellado. Todo co fin de garantir unha boa impermeabilidade do edificio e a fin de solucionar definitivamente o tema das filtracións.