-
O edil de Xuventude acompaña á trintena de rapaces que hoxe inician a primeira quenda deste campamento urbano, na que tomaron parte en xogos e coñeceron as normas de convivencia
-
Ata o 12 de agosto, a cativada participará nunha proposta moi variada de actividades que van desde xogos tradicionais, rutas interpretativas par coñecer a flora e a fauna da nosa contorna ou xogos de coñecemento de persoeiros lalinenses
Hoxe iníciase a primeira quenda do campamento Carballos no que toman parte unha trintena de nenos/as de entre 8 a 12 anos e que se desenvolverá ata o próximo 12 de agosto co que o goberno lalinense, a través da Concellería de Xuventude, continúa desenvolvendo a súa oferta lúdica e de conciliación para este verán. O edil de Xuventude, Avelino Souto, achegouse ata o Espazo Xove (Casa da Xuventude) para a presentación, na que a cativada participou en diversos xogos en grupo. Haberá unha segunda quenda do 16 ao 23 de agosto na que tomarán parte outros 30 cativos/as coas mesmas idades.
O campamento Carballos centralizarase no Espazo Xove de Lalín cedido pola Dirección Xeral de Xuventude. As actividades propostas son moi variadas e van desde xogos tradicionais, láser tag, visita á praia fluvial Pozo do Boi, rutas interpretativas para dar a coñecer a flora e fauna da nosa contorna, xogos de coñecemento dos persoeiros da nosa vila como Maruja Gutierrez, Laxeiro, Matemático Rodriguez, entre outras.
No primeiro día a cativada coñeceu as normas básicas de convivencia, ao tempo que se resolveron todas as dúbidas propostas polas familias para logo pasar a facer xogos de presentación e toma de contacto.