- Descubriuse unha placa conmemorativa no seu honor, diante da súa casa natal do Coto, no lugar do Barreiro na parroquia de Vilanova, por parte da súa filla, María Elena, e de Ishel, tataraneta do homenaxeado
- Tamén se presentou un panel explicativo no centro social de Vilanova sobre a súa vida e se visualizou un documental sobre a traxectoria deste eximio reloxeiro que conta cunha traxectoria loada en publicacións europeas da época
- Participaron neste recoñecemento a súa filla, María Elena Taboada Otero, así como netos, bisnetos e tataranetos, catro xeracións reunidas ao redor da figura do seu devanceiro. En representación da familia interviu Álvaro Gómez Vieites, bisneto de Evangelino, e Mar e Leo, tamén bisnetos, interpretaron a peza “Alalá e Alborada”, partitura que se atopou no Museo de Pontevedra co nome de Evangelino Taboada e da súa dona, Marisa Otero
O Concello de Lalín levou a cabo unha homenaxe ao insigne reloxeiro lalinense, Evangelino Taboada Vázquez. Natural da parroquia de Vilanova e falecido en 1954, foi autor, entre outros moitos méritos e fazañas no seu campo, do reloxo sideral que realizou en 1945 para o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con outro ilustre lalinense, Ramón Mª Aller, e que hoxe segue funcionando.
O acto de homenaxe deu comezo diante da casa do homenaxeado no lugar do Barreiro en Vilanova coa recepción de autoridades amenizada pola Banda de Gaitas Carballo da Manteiga e coas intervencións de autoridades: do Cronista Oficial de Lalín, Daniel González Alén; do profesor, catedrático de Astronomía e director do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo; de Álvaro Gómez Vieites, bisneto do homenaxeado e que falou en representación da familia, e do alcalde, José Crespo.
De seguido os bisnetos do homenaxeado, Mar e Leo, interpretaron unha peza a violín e piano titulada “Alalá e Alborada”. Una partitura que foi achada no Museo de Pontevedra co nome de Evangelino Taboada e a súa dona, María Otero. A continuación a filla do homenaxeado, María Elena Taboada Otero, e a tataraneta de Evangelino, Ishel descubriron unha placa conmemorativa no seu honor diante da casa nata. Soou a continuación o Himno Galego por parte de Carballo da Manteiga.
O acto continuou no local social de Vilanova co descubrimento dun panel informativo sobre a súa vida e coa visualización dun documental sobre a súa traxectoria. Participaron na homenaxe ademais das catro xeracións da familia; membros da Corporación Municipal e numerosos veciños.