-
Desenvolverase do 1 ao 12 de agosto e terá un marcado carácter ambiental, etnográfico e arqueolóxico
-
Hoxe recibiron a visita do concelleiro de Xuventude, Avelino Souto
Comezou o campo de traballo de carácter ambiental, etnográfico e arqueolóxico “Tradición en Verde”, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude en colaboración co Concello de Lalín, que se desenvolverá ata o 12 de agosto. Nel participan 15 mozos/mozos entre 19 e 30 anos procedentes de Zaragoza, Madrid, Valencia, Badaxoz, Ciudad Real, Guipúscoa, Gerona, Navarra, Barcelona e de distintos lugares de Galicia que hoxe recibiron a visita do concelleiro de Xuventude, Avelino Souto.
Estarán aloxados no albergue de Mouriscade e realizarán tarefas de voluntariado na Casa do Patrón e actividades de ocio como visita ás Fragas de Catasós, piscina fluvial de Vilatuxe, cestería e xogos tradicionais. Tamén visitarán a Casa Consistorial.
Os mozos poderán coñecer as diferentes campañas de escavación do castro de Doade, adentrándose na cultura e patrimonio galegos e axudarán a pintar a sinalización da ruta dos muíños. Tamén tomarán parte de actividades complementarias como unha excursión ás Rías Baixas en canoa-kayak, un taller de cestería, bailes e danza tradicionais galegas, unha visita guiada por Lalín, outra á Fraga de Cataós, outro á praia fluvial de Vilatuxe, ao encoro de Portodemouros ademais de tomar parte en veladas nas sobre lendas galegas.