O edil de Xuventude remarca a importancia que teñen as peregrinacións na dinamización social e económica e na promoción das rutas xacobeas
Un total de 1.182 peregrinos pernoctarán no noso municipio estes meses de verán, desde comezos de xuño ata o 22 de agosto. Así o indica o concelleiro de Xuventude, Avelino Souto, que remarca que a maior parte deles veñen en grupos, algúns deles numerosos, como os que estes días se quedaron no pavillón municipal: un de 72 persoas o 23 de xullo; 142 o 24 de xullo e 155 no día de hoxe. Desde comezos de verán pasaron polo noso municipio peregrinos de Portugal, Valencia, Estremadura, Madrid, Cáceres, Valladolid, Tui, A Coruña e León, entre outras localidades.
Souto destaca que “estes movementos de persoas contribúen a dinamización social e económico do noso pobo no verán ao tempo que a promoción das rutas xacobeas”, sinala.