A tenente alcalde recibiunos no Salón de Plenos e explicoulle o funcionamento da política local
Os 25 nenos e nenas que están a participar no Campamento Aventura+ organizado pola Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Lalín, están visitando a nosa vila. Foron recibidos pola tenente alcalde, Paz Pérez, no Salón de Plenos que lle explicou o funcionamento da Corporación Local e faloulles da importancia da Feira do Cocido. Tamén visitaron distintos espazos lalinenses e forn á piscina.
Este campamento deu comezo o pasado día 16 e rematará o 25.
O programa de actividades inclúe actividades de aventura como hípica, kayak, tiro con arco, láser tag, rutas, e outras máis de esparexemento como o Gran Xogo do Castelo de Zahera ou o xogos tradicionais. Tamén aproveitaran para coñecer mellor a zona visitando a praia fluvial do Pozo do Boi, o Museo Casa do Patrón e Castrelo de Miño. Os participantes pertencen a distintos lugares como Vigo, A Coruña, Lugo, Burela, Carballo, Pontevedra ou Marín, entre outros.