-
A concelleira de Cultura e Turismo e o edil de área visitaron estes días os traballos levados a cabo na última das escavacións arqueolóxicas levadas a cabo en Doade onde se atoparon achados moi interesantes como unha especie de “celeiro”, varias pezas de “terra sigillata” hispánico ou a doa dun colar peculiar polas súas cores, tal como explica Vanesa Trevín, arqueóloga xefa
A concelleira de Cultura e Turismo, Begoña Blanco, e o concelleiro de área, José Cuñarro, visitaron estes días os traballos levados a cabo na última das escavacións arqueolóxicas levadas a cabo no Castro de Doade e nos que se está cos últimos retoques da musealización da zona habitacional, que quedará rematada en breves datas coa colocación de paneis informativos cunha app de realidade aumentada, que permitirá aos visitantes gozar da recreación das vivendas orixinais do mesmo.
A arqueóloga xefa dos traballos, Vanesa Trevín explica que o obxectivo desta campaña foi acadar unha nova musealización da zona escavada, que denominamos “zona habitacional onde están as estruturas que podemos definir como `casas´, que fomos atopando ao longo destes anos e escavando e musealizando de forma progresiva nas distintas campañas”.
Trevín subliña que “este ano destapamos todo para ver como quedaba e tamén escavamos algunhas zonas que nos quedaban pendentes onde atopamos achados moi interesantes como unha especie de “celeiro”, un lugar de almacenamento sobreelevado; varias pezas de `terra sigillata´ hispánica, que permiten datar a orixe e unha doa de colar bastante peculiar polas súas cores, que aínda se está a investigar a procedencia”.
Amparo Blanco, da Casa do Patrón agradeceu á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural por contribuír á musealización desta zona habitacional do castro e o traballo de Vanesa Trevín, ao tempo a que animou a toda a xente a que vaia visitar o Castro de Doade e o Museo.