Trátase dun detalle de benvida para os recén nados e as súas familias consistente nunha serie de artigos en especie con produtos básicos para os/as novos/as lalinenses
compostas por varios produtos básicos para o coidado dos recén nacidos e como recibimento que o Concello fai por estes novos lalinenses: Martiño, Salma Emiliana, Lúa, Iria, Teo, Pedro, Alejandro, Lois, Lea, Sebastián, Paula, Ian, Carla, Hugo, Izan e Joel. Neste caso as familias benefactoras son residentes no casco urbano e nas parroquias de Sello, Muimenta e Vilatuxe.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o ano 2024. Para aqueles nacementos, adopcións ou constitucións de tutela que se produzan no mes de decembro de 2024, o prazo estará aberto ata o 20 de xaneiro de 2025.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios/as destas axudas aquelas persoas que sexan proxenitoras dunha crianza nacida entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de decembro de 2024; adoptantes ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos dun/dunha menor, sempre que a constitución da adopción ou a declaración de garda con fins adoptivos teña lugar entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2024; ou que sexan titores/as dun/dunha menor, sempre que a constitución da tutela se faga entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 31 de decembro de 2024.
Requisitos
Todas as persoas integrantes da unidade familiar deben figurar empadroadas no Concello de Lalín no momento da presentación da solicitude e permanecer empadroadas durante os dous anos seguintes á concesión da axudas. Este requisito será comprobado de oficio polo órgano instrutor do procedemento e o seu incumprimento dará lugar ao reintegro da axuda percibida.