Arranca unha edición marcada pola profesionalización do certame
Despois do concerto inaugural de onte a cargo da Real Filharmonía de Galicia, a cuxo remate interviu a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, e a deputada provincial, Belén Cachafeiro, hoxe celebraranse os concertos de Rosa Cedrón acompañada pola Orquestra de Clarinetes Galaico Portuguesa e un recital de piano a cargo de Juan Ferrer, Xocas Meijide a Alicia G. Permuy. Tamén haberá congreso internacional de clarinetistas.
Clarinet Fest en Lalín é unha experiencia única para gozar dos concertos e da mestría de intérpretes de clarinete do panorama nacional e internacional. Lalín convértese do 12 ao 19 de xullo no epicentro mundial da música do clarinete, ofrecendo ademais un espazo académico, divulgativo e de lecer.
Nesta quinta edición o certame reúne a 14 clarinetistas e a 4 pianistas de prestixio internacional que percorren os máis importantes escenarios do mundo.
Alumnado e público gozarán ao o 19 de xullo mestría de José F. Ballester, Arno Piters, Tibor Reman, Selin Gürol, Juan Ferrer, Michelle Anderson, Emilio Espasandín, David Griffits, Deborah Andrus, Lorenzo Coppola, José Luis Estellés, Vítor Matos, Cristina Esclápez, Joâo Pedro Santos, Alicia González, Isolda Crespi, Pablo Rodríguez e Xocas Meijide, director artístico do festival.
Máis información en
galiciaclarinet.fest.com