Desde o mércores 10 de xullo ata o venres 12 de xullo no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero
Onte deu comezo o curso da Uned “Cambio Climático en España e a comunicación dos seus efectos”, no que participan os principais estrategas da previsión metereolóxica en España e que se desenvolverá ata o vindeiro venres 12 de xullo. Onte tivo lugar a inauguración oficial e as conferencias de Martín Barreiro, físico e presentador de TVE sobre “Como evolucionou a comunicación do cambio climático nos medios de comunicación?”; Esteban Rodríguez Guisado, físico e meteorólogo de AEMET sobre “Clima e variabilidade” e de José Ángel Núñez Mora, xefe da sección de Climatoloxía da Delegación de AEMET na Comunidade Valenciana que falou sobre “Fenómenos extremos e cambio climático en España” e “Loita contra a desinformación con datos contrastados”.
Entre os ponentes de hoxe estarán Juan Jesús González Alemán, doutor en Física e meteorólogo de AEMET; Javier Cano Sánchez, biólogo e meteorólogo de AEMET; Mercedes Martín Gómez, licenciada en Ciencias do Mar e Medio Ambiente e comunicadora metereolóxica en Antena 3; Beatriz Hervella, xefa da unidade técnica da área de Relacións Técnicas Internacionais de AEMET; Andrés Charraza Bernabé, físico e meteorólogo de AEMET; Rafael Sánchez González, xefe da unidade de Estudos e Desenvolvemento da delegación territorial en Galicia de AEMET; Alejandro Andrade Pérez, xefe do grupo de Predicción e Vixilancia da delegación territorial de Galicia da AEMET e Rubén del Campo Hernández, xefe de sección técnica da área de comunicación da AEMET.
Mañá venres 12 de xullo continuará o curso coa ponencia e Susana Bayo Besteiro, investigador do Centro de Sistemas Enerxético do INESC TEC e meteoróloga de Telemiño; Ana Celia Vázquez, periodista e presentadora da TVG e a mesa redonda “Como podemos mellorar a comunicación sobre o cambio climático?” coa que se pechará este curso no que se dan cita os “homes e mulleres do tempo” que achegarán a súa experiencia comunicativa co gran público sobre os fenómenos meteorolóxicos, o cambio climático e a súa transcendencia con expertos de primeiro nivel.
Un dos principais obxectivos dos promotores deste curso é a necesidade de concienciar a poboación de que supón o cambio climático en España.