A tenente alcalde, Paz Pérez Asorey, e o concelleiro de Urbanismo, Pablo Areán participan en Madrid na I Jornada Informativa sobre Desarrollo Urbano Sostenible de FEDER 2021-21 convocada pola Secretaría General de Fondos Europeos. Na foto, ao comezo da xornada, coa subdirectora xeral de Políticas Urbanas do Ministerio de Vivenda e Agenda Urbana, Sonia Hernández Partal, que tomara parte na Xornada Técnica da Axenda Urbana en Lalín o 22 de abril (streaming desde Madrid) e que nunha xornada de Axenda Urbana celebrada en Pontevedra en marzo destacara e se interesara polo proxecto das áreas parroquiais lalinenses que puxera como referente. De feito Partal mantivera unha posterior videoconferencia coa equipo da Axenda Urbana de Lalín encabezado por Paz Pérez para coñecer en profundidade este innovador proxecto lalinense.