Ás 20 h no Museo Municipal nun acto ao que se convida á veciñanza a asistir e no que se distribuirá un exemplar ás persoas asistentes
O vindeiro venres, 28 de xuño, ás 20 horas, no Museo Municipal, presentarase o catálogo da exposición de Acisclo Manzano “Camiñantes pola Vía da Prata a Santiago de Compostela”, acto co que se clausurará a mostra do mesmo nome desta figura referente da escultura galega contemporánea.
Unha mostra que se inauguraba o pasado 19 de abril coa presenza de numeroso público entre o que se atopaba, ademais de veciñanza e artistas, diversas autoridades, entre elas, o presidente do Parlamento e os conselleiros de Cultura e de Educación, ademais de diversos académicos da Real Academia de Belas Artes (RAGBA) e membros da Corporación. Durante o acto o alcalde, José Crespo, avanzaba que o escultor e académico Acisclo Manzano será o cartelista da XLVII Feira do Cocido.
“Camiñantes pola Vía da Prata a Santiago de Compostela” recibiu unhas 800 visitas, entre excursións de colectivos e colexios da Comarca con motivo das actividades do “Día dos Museos”, visitas de peregrinos así como das persoas participantes nos diferentes actos organizados polo Museo neste período como conferencias, presentacións, etc. A procedencia: de Lalín e Deza, de diferentes cidades e vilas galegas, de Ponferrada, León, Toledo, Mallorca, Tenerife, Huesca, Estremadura, Arxentina, Canadá e Estados Unidos
Á presentación do catálogo tamén está previsto que asistan de diversas autoridades. Convídase á veciñanza a asistir e comunícase que se distribuirá un catálogo ás persoas asistentes (un por unidade familiar).