- Ofrece actividades e campamentos para cativada de entre 3 e 17 anos de idade
- O Campamento Verde celebrarase na segunda quincena de xullo en dúas quendas e en horario de 9 a 14 horas para nenos de 4 a 10 anos
- O Campamento Carballo celebrarase en dúas quendas en formato campamento urbano en horario de 9 a 14 horas para cativada de 8 a 12 anos
- O campamento no mar será nas instalacións de A Espiñeira en Boiro para rapaces de 13 a 17 anos con pernoctación nesa instalación fronte ao mar.
O concelleiro de Xuventude, Avelino Souto, ven de anunciar a apertura dos prazo para a inscrición nos tres campamentos que o Concello programou para este verán como apoio á conciliación e como programación de ocio para a cativada. Un prazo que estará aberto dende o mércores 19 de xuño ás 09:00 horas ata o venres ás 15:00 horas e na que os participantes serán elixidos por riguroso orde de inscrición e ata completar as prazas dispoñibles. Unha inscrición que se poderá facer de xeito telemático na plataforma do Concello ou de xeito presencial nas instalacións municipais.
A oferta de campamento para este verán será en tres formatos distintos. O campamento verde, centrado en temas medioambientais, o campamento carballos que será un campamento urbano e o campamento castiñeiros que será para os cativos de máis idade e desenvolverá as súas actividades en Boiro ao pé do mar.
CAMPAMENTO VERDE
O campamento verde centrarase en actividades medioambientais e na natureza e celebrarase en dúas quendas semanais entre o 15 e o 26 de xullo. Sendo cinco días de actividade por quenda en horario de 9 a 14 horas. Está destinado a nenos de entre 4 e 10 anos de idade.
O campamento carballo celebrarase a modo de campamento urbano e terá lugar en dúas quendas. A primeira entre o 5 e o 12 de agosto e a segunda entre o 16 e o 23 de agosto. Este campamento estará destinado a cativos entre 8 e 12 anos e celebrará as súas actividades entre as 9 e as 14 horas.
CAMPAMENTO NO MAR
Por último, o campamento no mar, ou Campamento Castiñeiros, celebrarase no campamento xuvenil “A Espiñeira” en Boiro. Nel poderán participar cativos de entre 13 e 17 anos de idades terá as actividades centradas no entorno mariño e nas actividades deportivas e de ocio na zona de costa. Terá lugar do 26 de agosto ao 4 de setembro.
Estes tres campamentos, terán un prezo público, fixado no pasado pleno do mes de maio, e que é semellante ao que estaba fixado antes de ter lugar a pandemia. Un prezo moderado e, en todo caso, inferior aos que presentar as actividades de conciliación de verán de outras administración.
CONCILIA LALÍN
Esta programación de conciliación complementa o servizo Concilia Lalín das vacacións de verán que comezará a funcionar, no seu formato de verán, o luns 24 de xuño. O servizo desenvolverase de xeito centralizado no novo edificio sociocultural, na Rúa Manuel Rivero de Lalín, en horario de 7:30 a 14:30 h (40 prazas dispoñibles) e de 16:00 a 20:00 h (30 prazas dispoñibles).