AS AULAS SÉNIOR DE LALÍN CLAUSURÁRONSE CUNHA EXPOSICIÓN DE OBRAS ARTÍSTICAS REALIZADAS POLO ALUMNADO QUE TOMOU PARTE NOS TALLERES
A mostra inaugurouse onte con destacada asistencia de público por parte da concelleira de Política Social, Carmen Canda, e do director xeral de Maiores Atención Sociosanitaria
Pódese ver ata o 28 de xuño no Auditorio Municipal
Para conmemorar a celebración do peche do curso das actividades da Aula Sénior de Lalín deste curso impartidas por Ategal, onte inaugurouse no Auditorio de Lalín, unha exposición de obras artísticas do alumnado participantes nos talleres de pintura ao óleo e acuarela. O acto, que contou con notable asistencia de público, contou coa participación de Política Social, Carmen Canda, e do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo. Estivo amenizado pola Coral de Ategal de Santiago de Compostela.
Galería imaxes