A mostra, que se desenvolve en colaboración con Ategal, abrirase o 3 de xuño ás 18 horas no Auditorio de Lalín, nun acto aberto á participación da veciñanza
Son obras realizadas durante o curso de pintura e acuarela polas persoas participantes de Ategal
A concelleira de Política Social, Carmen Canda, anuncia que o luns, 3 de xuño ás 18 horas no Auditorio de Lalín inaugurarase unha exposición de obras artísticas das persoas participantes nas actividades de pintura e acuarela de Ategal-Lalín, ao tempo que convida á veciñanza á asistir.
A exposición poderase visitar tamén durante todo o mes de xuño en horario de 16 a 20 horas, de luns a venres. O día da inauguración contarase coa colaboración da Coral de Ategal de Santiago de Compostela con aperitivos para as persoas asistentes.