O concelleiro de Obras, José Cuñarro Torres, visitou as obras de inicio dos traballos de
execución do sistema de saneamento na parroquia de Anseán, concretamente no lugar
de Soutullo, o núcleo máis grande desta pequena parroquia lalinense.
Os traballos estaos a executar a empresa Aquadeza ao entrar dentro do canón de obras
que se comprometeu a executar con cargo a adxudicación do contrato de servizo de
abastecemento de auga e saneamentos do Concello de Lalín.
Os traballos están consistinto nestes días na execución das gavias e zanxas para a
colocación das tubaxes que conectarán as distintas vivendas e que servirán de eixos
troncais ao sistema de depuración de augas residuais. Todas estas tubaxes conectaranse
cia depuradora que se instalará no fondo do lugar e que se encargará do procesado das
augas negras antes de ser devoltas ao río.
COMEZOU A EXECUCIÓN DO SANEAMENTO NA PARROQUIA DE ANSEÁN QUE DARÁ SERVIZO AO LUGAR DE SOUTULLO
Galería imaxes