- A sesión final versou sobre “Autoestima. Crenzas e pensamentos sobre nós mesmos” e foi ofrecida a cargo da psicóloga de ATEGAL, Belinda López Cortés
- As persoas participantes amosaron a súa satisfacción e destacan a importancia de asistir a estes talleres dirixidos ás persoas maiores de 55 anos para mellorar emocional.
Esta mañá tivo lugar o último dos talleres que Ategal, en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ofreceu de xeito gratuíto ao Concello de Lalín e que se desenvolveron baixo a temática “O meu benestar importa”. A sesión de hoxe versou sobre “Autoestima. Crenzas e pensamentos sobre nós mesmos” e foi impartido por Belinda López Cortés, psicóloga de ATEGAL e mestrada en Psicoxerontoloxía e Psicoloxía xeral sanitaria.
Os talleres desenvolvéronse en horario de 10.30 a 12:00 horas no salón de actos da Biblioteca Municipal “Varela Jácome” e foron os seguintes:
ü 18 de marzo: “Importa o que penso e o que fago en como me sinto?”
ü 8 de abril: “Como se relaciona a miña personalidade co estrés e a miña saúde”.
ü 29 de abril: “Que é a resiliencia e por que é importante na miña vida?”
ü 20 de maio: “Autoestima. Crenzas e pensamentos sobre nós mesmos”.
Cun máximo de 20 prazas en cada taller, todas se esgotaron antes do inicio das respectivas actividades. Esta serie de talleres tiveron como finalidade principal fomentar o protagonismo da persoa mediante o empoderamento, acompañala na análise da súa realidade social e encontrar solucións ás súas necesidades en base aos seus propios valores e desexos. As persoas participantes amosaron a súa satisfacción e destacan a importancia de asistir a estes talleres dirixidos ás persoas maiores de 55 anos para mellorar emocional.