- Respóndese á demanda dos veciños tanto da parroquia de Bendoiro como da de Santiso para mellorar e anchear este acceso que neste punto era moi estreito
O concelleiro de Obras, José Cuñarro, visitou as obras que se están a acometer na parroquia de Bendoiro, concretamente no viario que da acceso á parroquia de Santiso dende o entronque coa N-525. Unhas obras que consisten no desanchado do viario no tramo máis próximo á estrada nacional que permitirá gañarlle máis de un metro e medio de anchura na zona máis próxima ao cruce.
Os traballos consistiron na retirada dun vello forno de pan de pedra que lindaba co viario e que se metía preto de metro e medio na estrada, provocando un estreitamento importante na zona máis próxima ao cruce, provocando dificultades de acceso no tramo máis complexo. A vontade da propietaria de cedelo, cousas que agradeceu o edil, permiteu a retirada desta vella estrutura a cambio de que o Concello habilitase o peche do tramo de parede exposto unha vez se retirou o vello forno.
Os traballos, que se realizan por administración, consisten na reposición de dita parede, unha vez se retirados os perpiaños e as pedras que conformaban o forno, e a dotación dunha parede lindante coa estrada para que manter a estrutura da vivenda.
Con esta actuación, respóndese á demanda dos veciños tanto da parroquia de Bendoiro como da de Santiso para mellorar e anchear este acceso que neste punto era moi estreito.