- Para concretar as visitas deberase chamar previamente ao teléfono 986 78 40 04
- Nas visitas falarase da importancia dos/as alumnos/as como futuros promotores da arte da ciencia nas institucións culturais coñecendo a pintores, escultores e científicos da zona
O vindeiro sábado, 18 de maio, celébrase o Día Internacional dos Museos, baixo o lema “Museos pola educación e a investigación” que subliña o papel fundamental das institucións culturais á hora de proporcionar unha experiencia educativa holística.
Os museos son centros educativos, non regrados, dinámicos, que fomentan a curiosidade, a creatividade e o pensamento crítico. Preténdese así que o/s alumnos/as aporten a súa contribución á investigación, propoñendo a exploración e difusión de novas ideas de como lles gustaría que fosen os museos, desde a arte á historia, ata a ciencia e a tecnoloxía, xa que os museos son espazos vitais onde a educación e a investigación conflúen para dar forma á nosa comprensión do mundo e á reflexión sobre o patrimonio.
Desde o Concello de Lalín convídase a todos os centros educativos de Lalín e da Comarca de Deza a que nesta semana e tamén na que vén (xa que nestes días teñen xa moitas actividades relacionadas coas Letras Galegas) se animen a realizar visitas concertadas ao Museo Municipal Ramón María Aller nas que se falará da importancia dos/as alumnos/as como futuros promotores da arte e a ciencia nas institucións culturais coñecendo a pintores, escultores e científicos de Deza. Para concretar as visitas deberase chamar previamente ao teléfono 986 78 40 04.
Nestes momentos o Museo Municipal alberga a exposición “Camiñantes pola Vía da Prata a Santiago de Compostela” de Acisclo Manzano en dúas das salas, así como a colección permanente de pintura do artista José Otero Abeledo “Laxeiro”, que inclúe tamén varias vitrinas con multitude de manuscritos do científico Ramón Mª Aller Ulloa e cartas do pintor Laxeiro ao científico Vidal Abascal.
Centros xa con visitas concertadas
Os centros educativos que ata o momento solicitaron realizar visitas ao Museo Municipal con motivo do Día Internacional dos Museos son:
- CEIP Xesús Golmar: martes 21 ás 12 h. Grupo de 27 alumnos/as e 1 profesora.
- Colexio Scientia Lalín:
-
- 20 de maio: 12.45 h, 3º e 4º de Educación Primaria. 43 alumnos/as e 2 profesoras.
- 21 de maio: 13 h, 5º e 6º de Educación Primaria. 49 alumnos/as e 2 profesores.
- 24 de maio: 11.15 h, 1º e 2º de Educación Primaria. 50 alumnos e 2 profesores