- O primeiro eido será o da formación da plantilla municipal para loitar activamente e de xeito preventivo contra os ataques informáticos
- O segundo dos eidos é o apoio nos casos de emerxencia ou daqueles casos en que se necesite unha actuación directa tanto na loita contra ataques externos como no caso de ter que recuperar información danada o alterada por parte de axentes externos
- Tamén na dotación de ferramentas actualizadas e de últimas xeración que melloren tanto a protección dos equipos como da totalidade do sistema informático
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Raquel Lorenzo, vén de anunciar o acordo da Xunta de Goberno para que o Concello de Lalín se adscriba ao convenio coa AMTEGA relacionado coa ciberseguridade e a adopción de medidas para evitar intrusións nos servizos municipais por parte de persoal non autorizado e o control activo de accións derivadas da posible infección de virus o malware que provoquen deterioro no sistema informático, fugas de información, suplantacións de identidade informática ou chantaxes virtuais.
O primeiro eido de colaboración deste convenio será o da formación da plantilla municipal para loitar activamente e de xeito preventivo contra os ataques informáticos, adoptando condutas seguras que permitan minimizar as posibilidades de infección de virus informáticos, a filtración de información e todo o relacionado coa ciberseguridade.
O segundo dos eidos é o apoio nos casos de emerxencia ou daqueles casos en que se necesite unha actuación directa tanto na loita contra ataques externos como no caso de ter que recuperar información danada o alterada por parte de axentes externos e non seu caso a recuperación dos sistemas informáticos municipais. Neste caso persoal da AMTEGA encargarase xunto co persoal municipal de recuperar os nosos sistemas. Unha situación como a que ocorreu en Teo, Carballo ou Cangas en que os técnicos de AMTEGA tiveron que actuar para axudar aos equipo municipais a recuperar os sistema despois de ataques externos a través de virus ou intrusións.
NOVAS E MÁIS POTENTES FERRAMENTAS DE CIBERSEGURIDADE
E por último na dotación de ferramentas actualizadas e de últimas xeración que melloren tanto a protección dos equipos como da totalidade do sistema informático. Neste último campo, o Concello accederá a ferramentas como os antivirus máis avanzados como o caso de CROWSTRIKE ou ferramentas do estilo de EDR e SIEM que colocan o sistema municipal á vangarda das medidas de ciberseguridade.
En definitiva, coa incorporación que permite este convenio, o Concello de Lalín participará dos protocolos de seguridade informática co que están traballando as administracións máis importantes e da un novo paso na actualización de todos os sistemas municipais informáticos, no que xa se abordou a renovación de equipos, estenderase nos vindeiros meses á migración dos servizos á nube e que se completa coa subida no nivel de seguridade con este convenio coa AMTEGA