ABRE A OFICINA DE TURISMO MUNICIPAL QUE ESTARÁ OPERATIVA ATA FINAIS DE AGOSTO CON HORARIO PRESENCIAL DE 11 A 13 HORAS E TELEFÓNICO O RESTO
Estes días vén de abrirse a Oficina de Turismo do Concello de Lalín que estará en servizo durante os meses de maio, xuño, xullo e agosto, sinala a concelleira delegada Begoña Blanco.
Blanco indica que o horario de atención presencial será, tendo en conta a afluencia de xente rexistrada o pasado ano, de 11 a 13 horas de forma presencial, e o resto do día de forma telefónica, ao igual que nas fins de semana”.
Galería imaxes