- Ao longo da xornada tamén se distribuirán marcapáxinas de agasallo para todas aquelas persoas que se acheguen á Biblioteca
O Concello de Lalín conmemora este 23 de abril, Día do Libro, coa entrega de lotes de libros ás persoas gañadoras do sorteo realizado onte na Biblioteca Municipal Varela Jácome entre o conxunto de usuarios/as da Biblioteca.
A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, fixo entrega dos ditos libros ás persoas gañadoras a quen as animou a proseguir co hábito lector: Ánxela Barrio Varela e María Blanco del Valle que recibiron 2 lotes de libros na modalidade de adultos; Xulia Camino Fernández e Iker Lamas Díaz, 2 lotes de libros xuvenís e Tristán Espiño Fernández e Sofía Brea Blanco, 2 lotes de libros infantís.
Así mesmo ao longo do día de hoxe tamén se distribuirán marcapáxinas de agasallo para todas aquelas persoas que se acheguen á Biblioteca Municipal “Varela Jácome”.