- Marcos Mariño e Pablo Areán desprazáronse a Carballeda para manter un encontro cos veciños e cos técnicos de Medio Rural
- Os traballos estanse desenvolvendo de forma fluída e con moita participación da veciñanza
O concelleiro da área de Concentracións Parcelarias, Marcos Mariño, e o edil delegado de zona, Pablo Areán, desprazáronse esta mañá ao lugar de Carballeda, na parroquia da Veiga, onde mantiveron un encontro cos veciños e cos técnicos de Medio Rural con motivo de que se están a levar a cabo os traballos de medición das fincas correspondentes á parcelaria de Goiás-Xaxán-A Veiga.
Os traballos estanse desenvolvendo de forma fluída e con moita participación da veciñanza. Os edís agradecen a colaboración veciñal e solicitan que se manteña así no tempo para, deste xeito, facilitar ao máximo os traballos de medición.
Desde o goberno municipal estase a facer un seguimento da evolución de todos os procesos de concentración parcelaria en marcha para o que se manterán encontros periódicos coa veciñanza de zona.