Desenvolverase de 9.30 a 14.30 no Auditorio Municipal
Lalín converterase o mércores, 3 de abril, en punto informativo de referencia sobre a orientación universitaria e a Formación Profesional acollendo a primeira Feira sectorial destas características que se desenvolve en Lalín.
Unha Feira na que se ofrecerá orientación e asesoramento aos estudantes de cara á elección do seu itinerario formativo, tan necesaria para guiar o seu futuro académico e, consecuentemente, profesional.
Segundo explicou a concelleira de Educación, Begoña Blanco, a feira terá carácter experimental e veremos que se pode mellorar de cara a vindeiras edicións. Pero é importante poder contar con postos informativos de preto dunha vintena de centros universitarios e de FP de toda España que recibirán durante esa xornada a visita de centros escolares lalinenses e da comarca. Cremos que é unha boa iniciativa pola axuda que pode brindar aos estudantes nun momento clave como é o de tomar a decisión de que estudos ao remate da ensinanza obrigatoria.
Na presentación da Feira interviron a concelleira de Educación, Begoña Blanco; a delegada do Reitor da USC para Asuntos de Ensino Medio, Maite Flores; o coordinador de Desarrollo Corporativo da Universidad Intercontinental de la Empresa, Andrés Armada e Ana Mª Gulías Troitiño, do departamento de Orientación do IES Laxeiro.
POSTOS INFORMATIVOS:
1. Centro Superior de Hostelería de Galicia
2. Universidad Intercontinental de la Empresa
3. Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital
4. Universidad Europea de Madrid
5. Universidad de Santiago de Compostela
6. Centro de Estudios Universitarios de Galicia
7. AFN Escuela de Pilotos de Aviación
8. Universidad de Navarra
9. Universidade de Vigo
10. Universidad Nebrija
11. Escuela Superior Marcelo Macías
12. Fuerzas Armadas
13. Universidade de A Coruña
14. Formación Profesional da Xunta
15. Escola de Canteiros de Poio
16. Escola de Relacións Laborais de A Coruña
17. Universidad CEU San Pablo
17. Centro de Formación Profesional IES Laxeiro de Lalín
18. Centro de Formación Profesional e Promoción Rural Efa Piñeiral de Arzúa
19. UNED Pontevedra
20. CESUGA Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia
21. Lego´s Segurity Play
HORARIOS DE VISITAS DOS CENTROS:
HORARIOS DE VISITAS DOS CENTROS:
9,30h IES Aller Ulloa de Lalín
10h Scientia Lalín
10,30h IES Laxeiro de Lalín
11h IES Monterroso
11,30h IES N.º 1 do Carballiño
12h IES Garcia Barros de A Estrada
12,30h IES Lama Quendas de Chantada
13h IES Melide
13,30h IES Camballón de Vila de Cruces
14h IES Pintor Colmeiro de Silleda