Tras o acto inaugural tamén se celebrou unha reunión informativa cos pedáneos sobre a Axenda Urbana
Onte celebrouse unha xornada de portas abertas na que a veciñanza puido coñecer de primeira man o edificio polivalente da rúa Manuel Rivero. Un edificio polivante que tamén foi inaugurado na tarde de onte e que está chamado a ser un polo de atracción de eventos e de xeración de moita actividade porque ten unha situación perfecta e aparcamento cómodo.
Tras a inauguración, tivo xa unha reunión informativa cos pedáneos sobre a proposta de reparto de áreas parroquiais contempladas na Axenda Urbana. Ademais, o servizo Concilia en Semana Santa prestarase neste edificio polivalente que pouco a pouco se irá dotando de actividade e que vai contribuír a revitalizar toda a parte alta da vila.
No acto participaron o subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada; a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua; a tenente alcalde e responsable da DUSI, Paz Pérez e a arquitecta autora do proxecto, Marlene Donsión.