- Desenvolverase a partir das 19.30 horas, ás 20 horas terá lugar a inauguración e seguidamente unha reunión informativa cos pedáneos sobre a Axenda Urbana
O alcalde de Lalín, José Crespo, anuncia que o vindeiro xoves 7 de marzo terá lugar a partir das 19.30 horas da tarde unha xornada de portas abertas para que a veciñanza lalinense poida coñecer de primeira man o edificio polivalente da rúa Manuel Rivero e as súas funcionalidades. Unha xornada de portas abertas que, tal como anticipou hai uns días a tenente alcalde e responsable da EDUSI, Paz Pérez, será o paso previo á posta en funcionamento deste edificio sociocultural.
O propio día 7 de marzo a partir das 20.00 horas terá lugar a inauguración oficial deste edificio polivalente, un acto aberto ao público, no que os asistentes poderán coñecer en detalle estas instalacións municipais chamadas a ter un gran dinamismo porque teñen moitos espazos multifuncionais (oficinas, salas de reunións, auditorio, ludoteca, zona de coworking, auditorio para 80 persoas perfectamente dotado tecnoloxicamente), ademais dunha localización céntrica e de ter o parking ao lado.
Posteriormente ao acto inaugural terá lugar unha reunión informativa cos pedáneos das parroquias no auditorio do edificio no que se lle trasladarán distintos aspectos relativos á Axenda Urbana.