Uns cambios organizativos que se fan en marzo debido a que o número de demandas neste mes é moi inferior aos meses pasados
Desde a Concellería de Política Social faise fincapé en que non se deixarán de atender necesidades que poidan xurdir durante marzo, xa que o persoal municipal accederá persoalmente a atender as demandas de útiles necesarios que podan xurdir de modo puntual
As persoas que durante marzo queiran achegar doazóns deben facelo a través do colector situado diante do local do Desván Municipal unicamente, co que se recorda que deberán ter un volume axeitado ao espazo habilitado que permite o colector, xa que se recorda que non se deixen doazóns na beirarrúa nin nas inmediacións dos locais do Desván
O departamento de Política Social informa que durante o mes de marzo o local do Desván municipal permanecerá pechado ao público no horario habitual, polo que se aproveitará para facer unha serie de arranxos e melloras organizativas.
Así, aproveitando que o número de demandas neste mes de marzo é moi inferior aos meses pasados (as demandas de prendas de inverno xa están sendo atendidas desde o mes de setembro) está previsto facer pequenos arranxos e algúns cambios organizativos, que fagan posible retomar a actividade o día 2 de abril.
Desde a Concellería de Política Social faise fincapé en que non se deixarán de atender necesidades que poidan xurdir durante este mes, xa que o persoal municipal accederá persoalmente a atender as demandas de útiles necesarios que podan xurdir de modo puntual.
Aquelas persoas que queiran achegar as súas doazóns, deben facelo durante o mes de marzo só a través do colector colocado diante do local do Desván Municipal (polo que se recorda que o volume das doazóns debe ter dimensións adecuadas ao espazo habilitado que permite o colector).
Por outra parte, cómpre indicar que tanto o persoal municipal como o voluntariado estarán pendentes do baleirado periódico do colector, pero quérese incidir, en que se depositen as doazóns só dentro do colector, e non se deixen doazóns na beirarrúa nin nas inmediacións dos locais do Desván.
A partir do día 2 de abril prevese retomar a actividade habitual no Desván entregando xa útiles e prendas máis adecuadas ás estacións de primavera e verán, como é habitual logo da Semana santa (período que se fixa como norma xeral para a entrega de útiles adecuados ao cambio de tempada).
Calquera incidencia ou doazón que se precise facer durante o mes de marzo e que non reúna condicións para ser depositado no interior do colector deberase notificar poñéndose en contacto: 986787060 -986780014.