O GOBERNO EXECUTA A CONSTRUCIÓN DUN MURO EN REGOUFE QUE PERMITIRÁ ENSANCHAR O ACCESO A ESTE NÚCLEO DE MONEIXAS
O alcalde de Lalín, José Crespo, e mailo concelleiro de Obras, José Cuñarro, visitaron as obras de construcción dun muro que se está a acometer no lugar de Regoufe, na parroquia de Moneixas. Un muro que permitirá ensanchar o acceso a este núcleo que nese punto era moi estreito e impedía a circulación de vehículos de gran tamaño como camións e transportes.
O edil agradeceu ao veciño que cedeu o seu terreo para acometer o desanche a a construcción de dito muro que delimitará o viario nese punto e servirá de contención ao torreón que delimita ese predio.
Estes traballos acométense con cargo ao Plan Concellos 2023
Galería imaxes