O grupo de alumnos/as da localidade romanesa de Buzau que se atopan esta semana en Lalín a través dun proxecto de intercambio no marco do programa Erasmus co IES Laxeiro participaron esta mañá nunha recepción oficial no Concello de Lalín a cargo de Begoña Blanco e Avelino Souto, edís de Educación, Cultura e Turismo e de Xuventude, respectivamente. No encontro tomou parte o director do instituto, Xosé Manuel López, así como profesorado do dito centro.
Os responsables municipais explicaron aos estudantes romaneses cuestións sobre a historia, sobre o tecido socioeconómico lalinense, deténdose nos recursos turísticos a través da gastronomía e en particular da Feira do Cocido. Do cocido levarán para o seu centro o libro da historia da Feira e “O gran libro do Cocido e da súa capital, Lalín”, entre outros presentes que recibiron ao remate da recepción.