- José Cuñarro sinala que se trata dunha actuación, na que é preciso construír un quilómetro de canalizacións e 29 pozos de rexistro, e que reviste complexidade por desenvolverse a carón dunha nacional con elevado tráfico
O edil de Obras e Servizos, José Cuñarro Torres, sinala o “avance dos traballos para dotar de servizo de saneamento en Bendoiro á veciñanza que ten as súas vivendas na marxe dereita da N-525”. A este respecto indica “que a marxe esquerda da nacional vindo de Santiago xa contaba con saneamento e agora con esta actuación complétase o saneamento neste lugar”.
Cuñarro explica que “con esta actuación darase servizo de saneamento a unhas dez vivendas que lindan coa N-525 na marxe dereita, que se conectarán mediante unha rede por gravidade coa depuradora de A Laxe, pasando así a ter este servizo unha quincena de veciños do lugar”.
“Trátase dunha actuación de bastante complexidade porque se traballa á beira dunha nacional con moito tráfico para a que é preciso construír un quilómetro de canalizacións e 29 pozos de rexistro”, precisa.