A actuación do Xacobeo Clarinet Ensemble terá lugar mañá, martes 13, ás 13 horas no Casino e porá fin a este festival que deu comezo o domingo
Desde onte, domingo, e ata mañá martes día 13, estase a desenvolver en Lalín o IV Clarinets Days, cuarta edición do festival de clarinetes, que está tendo lugar no Auditorio municipal e no Casino de Lalín. Nel están a participar unha vintena de clarinetistas chegados de toda a xeografía galega, con niveis desde grao profesional ata máster, que reciben clases de tres profesores de clarinete: dos galegos Xocas Meijide (Universidade do Minho-Braga-Portugal) e Emilio Espasandín (solista da Orquestra Nacional de Cannes-Francia) e do portugués Vitor Matos (Universidade do Minho-Braga-Portugal).
O festival clausurarase mañá, martes 13 de febreiro, ás 13 horas no Casino cun concerto de música de Cámara e do Xacobeo Clarinet Ensemble, con entrada gratuíta, a cargo do solista Vitor Matos e baixo a dirección de Xocas Meijide e Simón Couceiro.