- Executado en perpiaños, o muro permite a ampliación do viario en máis de dous metros de ancho.
O concelleiro de Obras, José Cuñarro Torres, visitou esta mañá as obras de construción dun muro de contención no lugar de Somoza da parroquia de Botos que permitirá un desanche do viario que sirve de acceso á maioría das vivendas
As obras, que se acometen con cargo ao Plan Concellos 2023, consisten na construción dun muro de mampostería a base de perpiaños que permitirá ampliar o viario en máis de dous metros nunha zona moi estreita. Un traballo que foi demandado polos veciños e que troca considerablemente o acceso a este lugar.
As obras que están case rematadas darán servizo xa nos vindeiros días e permitirán que dous vehículos se crucen con comodidade nesa zona de estreitamento.
O edil de Obras agradeceu a cesión do terreo á familia Silva que aportou unha importante cantidade de terreo da súa finca para executar o correspondente ancheamento.