As entradas entregaranse o martes día 30, a partir das 17:00 horas, na recepción do Concello e ata esgotar as entradas, cun máximo de dúas entradas por persoa
Nesta edición haberá unha “fanzone” na zona central da pista para que a xente máis nova poida seguir a Gala de pé. Ten unha capacidade dunhas 500 persoas e requirirase ter unha idade mínima de 14 anos por cuestións de seguridade para acceder a esta “fanzone”
Comezaron no Lalín Arena os traballos de montaxe da Gala do Cocido “Especial Luar” do 2 de febreiro que será retransmitida en directo pola TVG. Durante a xornada de hoxe está prevista a colocación de lonas e entre mañá e pasado iniciarase a instalación do escenario.
Recordar que para esta edición da Gala, os encargados da organización decidiron habilitar na zona central da pista, con acceso directo dende o exterior, unha “fanzone” para a xente máis nova que desexe seguir a Gala de pé e bailando como se fose un concerto. Esta zona terá unha capacidade dunhas 500 persoas e requirirase ter unha idade mínima de acceso de 14 anos por unha cuestión de seguridade e ata completar aforo.
As entradas para a Gala entregaranse o martes día 30, a partir das 17:00 horas, na recepción do Concello e ata esgotar as entradas, cun máximo de dúas entradas por persoa. Os solicitantes das mesmas solicitarán que tipo de entrada desexan, se sentadas ou de pé considerando as limitacións de idade das de pé, e de que nesa zona non haberá espazo para sentarse para seguir a Gala.
En canto aos horarios, as portas abriranse sobre as 20:30 horas e sobre as 21:00 horas pecharanse co aforo que exista nese momento e sempre e cando non se completara xa o aforo para o criterio da seguridade. Lembran dende a organización, que os billetes que se entregan son invitacións, non entradas, e que quedan supeditas ao aforo do recinto.