VALENTINA FERREIRO, ÁLEX DACAL E SARA DAPARTE, GAÑADORES DOS LOTES DE LIBROS DO SORTEO DE REIS DA BIBLIOTECA
Como todos os anos a biblioteca municipal Varela Jácome organizou un sorteo de libros con motivo do día de Reis. Resultaron premiadas as persoas cuxos números nas casiñas do taboleiro da biblioteca (por cada libro retirado en préstamo tiñan opción de cubrir un número) coincidiron coas últimas cifras do sorteo da Lotería do Neno.
Valentina Ferreiro Alonso foi a gañadora na modalidade infantil (non presente na foto); Álex Dacal Diéguez na categoría xuvenil e Sara Daparte Barros na modalidade de adultos. Os tres recibiron os lotes de libros de mans da concelleira de Cultura, Begoña Blanco.
Documentos