Estará operativa durante todo o día, en horario de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18 horas
O edil de Obras e Servizos, José Cuñarro, indica que “o vindeiro 26 de febreiro desprazarase a Maceira, por segundo ano, a ITV móbil para vehículos agrícolas na zona de Maceira e a súa área de influencia, despois de que a concesionaria do servizo decidise atender unha petición unánime que lle fixemos a través dun acordo plenario”.
Cuñarro sinala que “a nova estación móbil para esta área de influencia estará operativa durante o 26 de febreiro, en horario de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18 horas, e dela serviranse os gandeiros e agricultores desta zona que se caracteriza por ser unha elevada carga agrícola e por ter a unidade fixa máis próxima a 10 quilómetros”.
Para solicitar cita previa requírese chamar por teléfono ao 902 30 90 00 ou facelo a través da páxina web www.syctiv.com
Proximamente, unha vez o comunique a SyC-ITV, darase a coñecer o calendario de visitas ás unidades móbiles de Anzo, Cercio e Vilatuxe.