A unidade móbil situarase na Praza de Galicia en horario de 10.30 a 14 e de 17 a 21 horas
O día da Cabalgata de Reis, 5 de decembro, desenvolverase unha nova campaña de doazón de sangue en Lalín. Así o anuncia a concelleira de Sanidade, Noelia Seijas, que explica que “a unidade móbil estará na Praza de Galicia en horario de 10.30 a 14 e de 17 a 21 horas, ao tempo que fai un chamamento para que ese día tan cheo de ilusión poidan facer un agasallo moi prezado como é doar o seu sangue e contribuír con este xesto solidario a salvar vidas”.
Seijas fai fincapé en que “resulta fundamental a participación da veciñanza nestas campañas que se desenvolven de xeito periódico porque deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do anos”.
Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar hai que esperar 2 horas. Deberase levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e presentar informe médico se está a tomar algún medicamento. Precísase ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kg.