Desde o arranque do obradoiro recibiron formación complementaria de prevención de riscos laborais e está previsto que nos vindeiros días se impartan os módulos de sensibilización ambiental, formación para a igualdade e alfabetización informacional
O alumnado do obradoiro de emprego “Lalín Verde” recibiu cadansúa tablet nun intento de contribuír a mellorar a súa formación. Así cada persoa poderá consultar o material didáctico correspondente aos certificados de profesionalidade que vai recibir cada unha das especialidades deste obradoiro (coidador de persoas maiores e dependentes -atención sociosanitaria- e deseño, creación e mantemento de xardíns –xardinería-), así como calquera outro material que os docentes ou o equipo directivo considere oportuno e de interese para o mesmo. Este instrumento de formación tamén se utilizará para realizar a avaliación continua, cumprimento de follas de traballo dixitais ou consulta de planos directamente na obra.
Por outra parte, o alumnado das dúas especialidades recibiu a formación complementaria de prevención de riscos laborais e está previsto que nos próximos días se impartan os módulos de sensibilización ambiental, formación para a igualdade e alfabetización informática.