Remataron as obras cofinanciadas pola EDUSI e que poñen en valor un dos núcleos históricos máis destacados do Concello de Lalín. En vindeiras datas, as empresas de servizos retirarán os cableados aéreos para soterralos nas canalizacións xa instaladas baixos a rúas e que deixarán un aspecto máis acorde cos traballos de humanización do entorno
O alcalde de Lalín, José Crespo, maila tenente de alcalde, María Paz Pérez, e a concelleira delegada de zona, Bea Canda, participaron esta mañá na recepción da obras de humanización e reurbanización do núcleo tradicional de Donramiro, unha vez rematadas as obras.
Responsables municipais, técnicos do Concello e persoal da empresa percorreron as rúas e calexóns nos que se realizou a actuación e que deixaron todo o entorno da Igrexa de Donramiro do século XII e os accesos á mesma con acabados tradicionais que lle dan un incremento de valor a todo o entorno e lle devolven a estética tradicional.
Coas beirarrúas en pedra e os solados das rúas en formigón desactivado de cor ocre, todo o entorno que vai dende o cruceiro ata a Igrexa e o acceso dende a estrada Lalín-Laro quedaron xa perfectamente rematados. Destacan nos traballos xa rematados a praza con escalinata que se debuxa no fronte da Igrexa de Donramiro e que permite salvar os desniveis existentes entre o edificio relixioso e os distintos accesos e o entorno do cruceiro que presenta outro entorno singular que agora presenta unha escaleira entre a Fonte da Picha e a rúa da parte alta que da máis fluidez á circulación peonil entre as dúas zonas.
SOTERRAMENTO DE SERVIZOS
Aínda que a obra dase por rematada, quedan aspectos por concluír que non son traballos da empresa senón das submnistradoras de servizos que nos vindeiros días e semanas terán que soterrar todos os cableados eléctricos e de telefonía para que non quede ningún tendido xeral aéreo e, por tanto, se garde a estética que lle aquece á reurbanización de ese entorno.
Cas zonas de paso peonil, escaleiras e barandas en pedra e as zonas de rodaxe de vehículos en formigón, a mellora deste entorno terá continuidade coa posta en valor dos dous edificios mercados polo Concello para acoller un centro para por en valor o Castro de Donramiro.