- A concelleira de Política Social agradece a todas as persoas que de modo individual ou a todas as entidades que colaboraron facendo posible a campaña, así como tamén ao voluntariado que participou activamente facendo tarefas de selección e clasificación durante varias semanas seguidas
Este ano beneficiáronse da Campaña “Ningún neno-a sen xoguete” un total de 97 menores de 59 unidades familiares con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos. Así o destaca a concelleira delegada de Política Social, Carmen Canda, que “agradece a todas persoas que de modo individual ou ben a través dalgunha das entidades fixeron posible a campaña, así como tamén ao voluntariado que participou activamente facendo tarefas de selección e clasificación durante varias semanas consecutivas”.
A entrega de xoguetes terá lugar o mércores 20 e o xoves 21 de decembro. Cada menor recibiu un xogo novo, un xogo/xoguete usado, un libro e un peluche. As entidades colaboradoras que tomaron parte nesta Campaña nesta edición e que fixeron posible acadar os obxectivos desta campaña foron:
- Asociación Carabelo: doazón de xogos e xoguetes varios.
- Centro comercial HALEY e HIPERMERCADO GADIS: colocando dous puntos de recollida onde se recolleron un amplo lote de xoguetes e xogos.
- Bar Rosaleda: colocando un punto de recollida onde se recolleron un amplo lote de xoguetes e xogos.
- Grupo de AMIGOS DE LALÍN: colaboran cunha doazón pecuniaria que depositaron na xoguetería JUGUETTOS, onde se retiraron xogos educativos novos para a campaña.
- IES LAXEIRO: profesorado do centro educativo aporta un amplo lote de xogos educativos novos.
- Máis dunha ducia de DOAZÓNS ANÓNIMAS de xogos e xoguetes rexistradas no Desván os martes e xoves de novembro e decembro.
- Asociación Recycling Bicis Solidarias: Doazón dun lote de bicicletas infantiles e xoguetes
A Concellería de Política Social vén desenvolvendo cada ano esta Campaña “Ningún neno-a sen xoguete” a fin de fomentar a solidariedade, como valor inspirador das relacións entre as persoas e os grupos sociais, atendendo especialmente á ilusión dos máis novos/as.