Haberá dous galardóns, 4.000 € destinaranse ao mellor traballo xornalístico entre todas as categorías e 1.000 € ao mellor traballo académico
Será imprescindible que todos os traballos que se presenten ao certame, inda que sexan en formato físico/papel, se acompañen copia en soporte dixital (USB, DVD, CD ou similar) ou no seu caso, se acompañen dun enlace de descarga que permita efectivamente a mesma
O prazo de presentación de traballos ao XXX Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, dotado con 5.000 euros en total en dous galardóns e que promove o Concello de Lalín e colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, as asociacións gastronómicas galegas e a Axencia Turismo de Galicia, está aberto ata o 5 de xaneiro de 2024.
Trátase do Premio máis importante de periodismo gastronómico de España, distribuído en dúas categorías:
- un primeiro premio de 4.000 € ao mellor traballo xornalístico entre o conxunto de todas as categorías e ao que poderán concorrer: escritos publicados en medios de comunicación impresos; libros; traballos; publicacións ou investigacións sobre gastronomía; os traballos xornalísticos en radios e televisión; páxinas web con contidos dedicados á gastronomía ou traballos gráficos (fotografía, viñeta, etc.) publicados en medios de comunicación impresos
- e premio de 1.000 € ao mellor traballo académico (prensa, radio, televisión e web) dedicado á gastronomía e presentado por alumnos de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual de toda a xeografía nacional co fin de potenciar aos novos valores da profesión xornalística, debendo estar acreditados por un docente do centro de estudos
Os traballos poderán presentarse ata o 5 de xaneiro de 2024. En todo caso se o envío se realizase por correo ordinario, terase en conta a data que figure no cuño postal.
Poden participar no devandito certame os escritores, xornalistas e particulares que publicasen artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios, etc. en galego ou en castelán, nos distintos medios de comunicación, sobre temas relacionados coa gastronomía galega, en particular, sobre a gastronomía nos dous últimos anos. Non poderán ter sido premiados anteriormente e non poderá ser recoñecidos tres anos consecutivos un mesmo autor. Ademais poden tomar parte os estudantes de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual que presenten os seus traballos académicos relacionados coa gastronomía.
Na presentación dos traballos é a condición necesaria que a presentación dos traballos en formato físico/papel vaia acompañada da correspondente copia en soporte dixital (USB, DVD, CD ou similar) ou, no seu caso, dun enlace de descarga que permita efectivamente a mesma.
O xurado nomeado ao efecto, que estará formado por xornalistas de medios de comunicación de Galicia e representantes das institucións colaboradoras, seleccionará os traballos que considere merecedores de premios tendo en conta, en primeiro lugar, a súa calidade xornalística, pero tamén a súa difusión. Considerarase un mérito engadido a súa referencia ao Cocido de Lalín. Dará a coñecer publicamente o fallo nun acto programado ao efecto con anterioridade á celebración da LVI Feira do Cocido.
O Premio “Álvaro Cunqueiro” leva o nome do primeiro pregoeiro da Feira do Cocido e está promovido polo Concello de Lalín, desde o ano 1993, en colaboración coas asociacións gastronómicas galegas, a Axencia Turismo de Galicia e coa Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela para recoñecer o labor de xornalistas e escritores como difusores da cociña galega.
Enlace ás bases e ao extracto de bases publicadas no BOPPO:
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/12/07/2023073483
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/12/14/2023074377