REMATADAS AS OBRAS DO VIARIO SANTISO-VILARIÑO NA PARROQUIA DE SANTISO DE PRETO DE 1,5 KM DE LONXITUDE
O alcalde de Lalín, José Crespo, visitou a pista que vai dende o cruce de Santiso ao lugar de Vilariño en dirección Bermés que quedou totamente renovada con aglomerado en quente. Unha rehabilitación deste tramo con alta densidade de tráfico que quedou en perfecto estado de revista.
Crespo lembrou que este viario Santiso- Vilariño ten unha lonxitude de 1.400 metros, e a actuación consisteu na dotación dunha capa de rodadura de aglomerado en quente e na construción de cunetas de formigón á beira das casas, que executamos no Plan Marco e na que investimos 139.486,37 euros”, remarca.
Esta actuación enmarcase dentro do amplo programa de pistas que se está a acometer no Concello de Lalín.
Galería imaxes